IniciosociedadeCervo acondiciona dúas rúas de Río Covo para persoas con problemas de...

Cervo acondiciona dúas rúas de Río Covo para persoas con problemas de mobilidade

Investirá 12.000 euros en ampliar escadas e colocar aparellos para facilitar o paso

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo iniciou obras en dúas rúas da urbanización de Río Covo para favorecer o acceso ás vivendas a persoas con problemas de mobilidade. A obra supón un investimento duns 12.000 euros, procedentes de fondos municipais

Os traballos consisten na ampliación das escaleiras que eran a única forma de acceso a dous grupos de vivendas da urbanización, e que estaban limitadas ao ancho por unhas xardineiras que serán demolidas para gañar amplitude e favorecer a colocación de aparellos salvaescadas que poidan resultar necesarios para as persoas con problemas de mobilidade.

O alcalde, o popular Alfonso Villares, precisou que “estes traballos responden a unha liña de traballo que temos marcada desde o Concello encamiñada a facer que as nosas nosas rúas e espacizos públicos sexan cada vez máis humanizados e accesibles para a veciñanza”.

“EXTENSIBLES A OUTRAS ZONAS”

O rexedor asegura que “estas actuacións súmanse ás que xa se levaron a cabo no núcleo de San Cibrao, tamén en diferentes zonas de Cervo e faranse extensibles, pouco pouco, ás diferentes zonas do municipio”.

Villares e o edil de obras, Plácido Pérez, supervisaron a obra acompañados polo pedáneo da zona, Antonio Gallego, e por algúns dos veciños afectados.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...