Alumnado de segundo curso de dirección de cociña e segundo de FP-Dual do IES de Foz visita estos días a cidade de Lyon, en Francia, para coñecer de cerca o campionato Bocuse D’Or, a proba gastronómica máis prestixiosa a nivel internacional.
PROBA BIENAL
Este campionato, que se convoca desde 1987, ten carácter bienal e celébrase no Hotel Internacional SIRHA.
VIAXE CONXUNTA
A expedición aproveitará a súa visita para facer un percorrido gastronómico pola cidade de Lyon. A viaxe está organizada conxuntamente co IES Marqués de Casariego de Tapia.