IniciosociedadeA Deputación di que A Mariña "perdeu catro médicos" co PP e...

A Deputación di que A Mariña “perdeu catro médicos” co PP e que Viveiro e Burela “incumpren os ratios da Xunta”

O pleno provincial aproba mocións de PSOE e BNG para a mellora de atención primaria, mentres que a corporación de Barreiros deu un si unánime á iniciativa da plataforma mariñá

Publicada o

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes sen o apoio do Partido Popular as mocións presentadas por PSOE e BNG para esixir á Xunta de Galicia melloras na atención primaria.

O voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, asegurou que “dende que goberna o PP na Xunta de Galicia, a provincia conta con 23 médicos de atención primaria menos no rural”.

Segundo espuxo Santos Ramos, os concellos mariñaos afectados pola perda de facultativos son Ourol, Cervo, A Pontenova e Riotorto.

Ademais, Begonte, Castroverde, Cospeito, Friol (2), Guitiriz, Monforte de Lemos (2), Navia de Suarna (2), A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, O Saviñao, Taboada, Baleira, Carballedo, Folgoso do Courel e Pol tamén perdero facultativos, segundo a exposición do dirixente socialista.

RATIOS

Santos Ramos censurou que a Xunta pechou dous consultorios, os de Oural e Castro (Carballedo) e afirmou que nove concellos só teñen un médico, na súa maioría na Montaña Lucense, ademais de cuestionar que se cumpra o ratio de pacientes por facultativo estipulado pola Xunta de Galicia.

Así, sinalou, Burela -onde hai un médico por cada 1.587 habitantes- e Viveiro -un por cada 1.555 habitantes- están entre os sete concellos da provincia que non cumpren este baremo. “Os viveirenses agardan ata dez días por unha consulta e os médicos chegan a atender a 55 persoas nun só día”, asegurou.

“SEN ESPECIALISTAS”

Santos Ramos tamén criticou situacións que se dan no tocante aos especialistas. “2.000 nenos de Viveiro, O Vicedo e Ourol teñen 1 só pediatra, que está desbordado. Con cita pechadas, hai esperas de ata cinco horas para entrar en consulta. 800 familias con cativos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo tamén claman o reforzo desta prestación”, indicou.

BARREIROS

En Barreiros, a moción presentada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña acadou o voto favorable de forma unánime por parte das tres forzas políticas da corporación.

a corporación de barreiros foi unánime para aprobar solicitar á xunta a mellora dos servizos sanitarios

O voceiro do colectivo, Víctor Vila, explicou nunha quenda de palabra cedida polo BNG as carencias no servizo pediátrico que padecen Mondoñedo, Lourenzá e mailo municipo barreirense, ao non cubrir o Sergas a ausencia da pediatra.

Exposición da moción da plataforma en Barreiros. AXM

Trátase do terceiro concello mariñao onde se aproba a iniciativa, despois de Ribadeo e O Valadouro. BNG e PSOE presentaron tamén mocións para a mellora do servizo en atención primaria. 

INICIATIVA DO PSOE DE FOZ

O PSdeG-PSOE de Foz rexistrou unha moción para que a corporación municipal inste á Xunta de Galicia a cubrir desde o primeiro día as baixas, vacacións ou reducións de xornada dos médicos e persoal sanitario do centro de saúde focego.

Os socialistas de Foz aseguran que a asistencia sanitaria no concello “é deficitaria, cunha carga de traballo extra para os facultativos e cunha saturación das consultas que supón unha merma na calidade do servizo que reciben os veciños”.

os socialistas focegos esixen que se cubra a xornada reducida da pediatra

O grupo municipal do PSdeG alerta das carencias no servizo de pediatría. “A pediatra ten solicitada a xornada reducida e non se cubre o horario restante por parte da Consellería de Sanidade”, aseguran.

Isto obriga, expoñen os socialistas focegos, “a que os nenos e nenas que necesitan atención pediátrica e non se poden citar dentro do horario no que exerce a pediatra, se vexan obrigados a acudir aos médicos de familia ou ao hospital”.

Ao longo do pasado Nadal, aseguran, “o servizo estivo sen cubrir por vacacións da pediatra repítense cada vez que esta profesional, ou outros, exercen o seu dereito de pedir días libres ou unha baixa”.

ATENCIÓN TEMPERÁ

A iniciativa dos socialistas tamén inclúe urxir á Xunta de Galicia a que conceda a axuda necesaria para cubrir a praza de logopeda no servizo de atención temperá que atende aos nenos dos municipios de Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Cervo, Alfoz, Lourenzá e Barreiros.

PROTESTA EN VIVEIRO

Veciños e profesionais sanitarios protestaron este martes pola situación do centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) viveirense. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...