IniciosociedadeO PP de Burela acusa ao alcalde de "presionar" a persoal municipal...

O PP de Burela acusa ao alcalde de “presionar” a persoal municipal no conflito pola RPT

Os conservadores critican "o talante caprichoso e totalitario" do rexedor e úrxeno a negociar o documento cos traballadores do Concello

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Burela acusou este martes ao alcalde, o socialista Alfredo Llano, de “presionar a determinado persoal” dentro do conflito laboral aberto pola esixencia dos traballadores municipais da aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT).

O grupo municipal popular asegura que o rexedor está a demostrar “un talante totalitario e caprichoso” e afirma que ten constancia “de supostas presións a determinado persoal, que é o máis vulnerable pola súa condición laboral, o que demostra covardía e baixeza moral”.

Os conservadores esíxenlle ao alcalde que “convoque xa a mesa de negociación, que presente un documento de proposta de RPT, unhas bases para recuperar o fondo social dos traballadores, un documento para negociar o abono dos servizos extraordinarios. Todo o demais serán fogos de artificio”, conclúen.

Os populares subliñan que “na historia deste Concello só se trataron dúas RPTs: a de 2006 elaborada polo PP, que é a que está en vigor, e a que se presentou a principios de 2015, tamén polo PP, e que non foi aprobada polos traballadores.

PROTESTAS

Os traballadores municipais concentráronse durante o mes de xaneiro diante do consistorio para reclamar as melloras laborais e económicas que conlevaría unha RPT que levan a demandar “oito anos”. Llano asegurou que en febreiro retomará as negociacións para a elaboración do documento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...