IniciosociedadeViveiro valora a promoción feita en Fitur: "é tan importante como as...

Viveiro valora a promoción feita en Fitur: “é tan importante como as obras ou os investimentos”

O Concello destaca o impacto do turismo na economía local e no sector servizos, pois supón "o 50% dos activos"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fixo balance do paso da delegación municipal pola Feira Internacional de Turismo (Fitur), un encontro que considera que debe valorarse “ao mesmo nivel que as obras, os investimentos ou as infraestruturas”, dado o impacto do sector turístico no municipio.

O goberno municipal argumenta que “o turismo é fundamental para a economía local e o sector servizos, con máis do 50 % dos activos, e supón a principal fonte laboral”. Por iso, destaca a importancia da “promoción de Viveiro como un destino atractivo durante todo o ano”.

Durante a feira celebrada en Madrid ao longo da pasada semana, o goberno local participou nas presentacións organizadas pola Deputación de Lugo e Turismo de Galicia.

O Resurrection Fest loceu na primeira, e na segunda foi a quenda da Semana Santa de Galicia, que conta con distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional.

VÍDEO DA SEMANA SANTA

Para esta ocasión, o Concello de Viveiro organizou unha presentación na que participaron María Soledad Rey Yáñez, concelleira de turismo; José Veiga Golpe, presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, e maila alcaldesa, María Loureiro.

No acto proxectouse o vídeo da Semana Santa deste ano 2019 e tamén o cartel do evento, obra da artista viveirense David Catá, que mostra a imaxe do Santísimo Cristo da Piedade, pertencente á cofradía homónima, que este ano cumpre o 75 aniversario da fundación, adornada cun manto branco de dentes de león.

REUNIÓNS

Ademais, aproveitouse a presenza en Fitur para establecer contactos con compañías do sector. Así, falouse con dúas empresas especializadas en grupos, unha de Castellón e outra de Málaga; mantíveronse reunións con diversos tour operadores; pecháronse encontros con dúas navieras, con dúas marcas de tecnoloxías vinculadas ao turismo e cun programa de televisión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...