IniciosociedadeFoz poñerá o martes á venta as entradas para a cea-baile de...

Foz poñerá o martes á venta as entradas para a cea-baile de Entroido

O goberno local advirte de que a compra das tarxetas será presencial e que non haberá forma de reservar prazas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz poñerá o vindeiro martes á venta as entradas para a cea-baile de coroación da raíña do Entroido, que se celebrará o 16 de febreiro.

O evento comezará ás 22.00 horas na Sala Bahía. Os interesados poderán retirar as súas tarxetas na delegación de cultura a partir do día 5, de 09.00 a 14.00 horas.

O prezo da entrada é de 25 euros, que incluirá un menú de Entroido consistente en sopa, costela asada con guarnición, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupiño. Puzzle Animación amenizará a gala.

A retirada de tarxetas farase o 5 de febreiro, martes, e días sucesivos ata que se acaben as prazas. A compra das entradas será de xeito presencial.

“Unha persoa responsable por mesa retirará os boletos só para o seu grupo, previo pago, e adxuntará unha listaxe nominativa das persoas que irán. Non haberá reservas telefónicas nin por outro medio”, indican desde o Concello, para engadir que “non estará permitida á entrada ás persoas que non asistan á cea e os menores só poderán asistir con permiso e acompañados por un adulto”.

SABELA PICO, A RAÍÑA

Sabela Pico Lombán será coroada no evento como a raíña do Entroido de Foz 2019. A organización agradece aos asistentes que acudan á cea disfrazados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...