IniciosociedadeMondoñedo fará un censo dos maiores que viven sós para desenvolver un...

Mondoñedo fará un censo dos maiores que viven sós para desenvolver un plan de axuda social

O pleno aprobou por unanimidade unha iniciativa do PSdeG, que resalta que "o 35%" da poboación do municipio ten o supera esa idade

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Mondoñedo aprobou por unanimidade unha moción do PSdeG para a realización dun censo de persoas maiores de 65 anos que viven soas ou acompañadas por outras persoas que igualan ou superan esa idade.

Trala aprobación da iniciativa dos socialistas, os servizos sociais do Concello de Mondoñedo avaliarán anualmente mediante visitas aos fogares censados a situación de dependencia deses maiores.

A voceira socialista, Esperanza González, asegura que segundo as estatísticas, hai no municipio “máis de 1.300 maiores de 65 anos, o que supón o 35% da poboación municipal”.

González sinala que estas persoas “merecen unha atención especial” e “asistencia persoal e sanitaria”.

Así, na proposta inclúese que, “unha vez se dispoña deses datos, e na medida do posible e da capacidade orzamentaria do Concello, se deseñe e implemente un plan de axuda para os maiores, que os dote de cobertura social ante situacións de vulnerabilidade, desigualdade e desvantaxe”.

AXUDA NO FOGAR E TELEASISTENCIA

González recorda que a Deputación de Lugo achega 28.000 euros para atender a 60 usuarios do Servicio de Axuda ao Fogar, e a unha media de 36 beneficiarios de Teleasistencia, servizo gratuíto mentres que o impulsado pola Xunta de Galicia “é de copago”, sinala.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...