A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén o aviso amarelo por temporal costeiro na Mariña Lucense. Soprará vento do oeste de forza 7 e mar combinado do noroeste, con ondas de catro a cinco mentros.
A partir das 21.00 horas deste xoves, o risco por fenómenos costeiros será importante -de nivel laranxa– e manterase durante todo o venres. Agárdase vento do oeste con forza 8 ou 9, e mar combinado do oeste con ondas de cinco a oito metros.
Costeiros
|
|
Ámbito xeográfico | Lugo |
---|---|
Hora de comezo | xoves, 31 xaneiro 2019 21:00 hora oficial |
Hora de finalización | sábado, 2 febreiro 2019 00:00 hora oficial |
Probabilidade | 40%-70% |
Comentario | Vento do W fuerza 8 ou 9. Mar combinado do W aumentando de 5 a 8 m |
O litoral da provincia de Pontevedra e parte do da Coruña estarán en alerta vermella por temporal costeiro entre as 09.00 e as 20.00 horas do venres. Agárdase mar combinado do oeste ou noroeste, con forza 8 e ondas de oito a nove metros.
VENTO
Na mañá deste xoves, Viveiro rexistrou o refacho de vento máis forte dos documentados en Galicia, cunha velocidade de 108,9 quilómetros por hora.
viveiro rexistrou o refacho máis forte da mañá deste xoves en galicia, con 108,9 qm/h
Ademais, desde as primeiras horas do venres activarase a alerta amarela por ventos fortes, con refachos que poden alcanzar os 95 quilómetros por hora. Soprará vento do oeste, e o aviso permanecerá vixente ata o mediodía.
Fenómeno |
Vento
Refachos máximos : 95 km/h
|
---|---|
Ámbito xeográfico | A Mariña |
Hora de comezo | venres, 1 febreiro 2019 00:00 hora oficial |
Hora de finalización | venres, 1 febreiro 2019 04:00 hora oficial |
Probabilidade | 40%-70% |
Comentario | Vento do W |
Vento
Refachos máximos : 95 qm/h
|
|
Ámbito xeográfico | A Mariña |
---|---|
Hora de comezo | venres, 1 febreiro 2019 09:00 hora oficial |
Hora de finalización | venres, 1 febreiro 2019 12:00 hora oficial |
Probabilidade | 40%-70% |
Comentario | Vento do W |
CHOIVA E NEVE
Ao mesmo tempo, Aemet activou o aviso por risco de choivas, que poden deixar uns 40 litros por metro cadrado en doce horas e 15 litros por metro cadrado nunha hora na Coruña ou Pontevedra.
En concreto, en gran parte da Península prevense precipitacións, que serán máis intensas e frecuentes en áreas de montaña e en Galicia, onde serán localmente fortes ou persistentes. Tamén poderían, con menor probabilidade e de forma máis dispersa e ocasional, caer precipitacións no resto das zonas.
As precipitacións serán en forma de neve a partir de 1.800 a 2.000 metros e de 900 a 1.200 metros no noroeste.