Unha embarcación de Salvamento Marítimo recuperou un tramo de tubaxe que se atopaba á deriva e, posteriormente, trasladouno ao porto de Burela.
Segundo informou Salvamento Marítimo na tarde deste xoves, o ‘Salvamar Alioth‘ recuperou un tramo de tubaxe á deriva “perigoso para a navegación” atopado “a 500 metros de Cabo Burela”.
O tramo medía case “20 metros” e, supostamente, “procedía dun emisario dunha piscifactoría“. Foi trasladado ao peirao burelés para a súa retirada.