IniciosociedadeA comisión das festas de Burela, nas que actuarán Combo, París e...

A comisión das festas de Burela, nas que actuarán Combo, París e Panorama, iniciará o luns a recadación

Seis persoas forman a agrupación, que recolleu opinións para facer "unhas patronais para todos os gustos"

Publicada o

- Advertisement -

A comisión organizadora das festas patronais de Burela, que encabeza Toñi Eijo, informou este xoves de que o vindeiro luns comezará a recollida de donativos para financiar os festexos.

A presidenta do colectivo, integrado por seis persoas, asegura que “tomamos esta tarefa coa mesma ilusión de todos os anos, a pesar de que cada vez custa máis recadar“.

A dirixente da comisión agradece de antemán “ao comercio, á hostalería, a toda a xente que colabora con nós, ás asociacións, aos armadores, á confraría e ao Concello, a todos os que nos axudan, porque sen eles non existirían as festas de Burela”.

Orquestas pechadas para o evento. AXM

A agrupación organizadora dos festexos sostén que o programa está pensado para que público de todas as idades poida desfrutar das patronais burelesas, que se celebran na honra da Virxe do Carme e San Xoán Bautista

“Imos tentar facer un programa con opinións que fomos recollendo polo pobo, co arranxo ao que nos pide a xente, e axustándonos ao orzamento que teñamos. Haberá actividades de todo tipo e para todas as idades”, explica Eijo, que engade que “queremos que sexan unhas festas ás que veña moita xente de fóra“. 

ORQUESTRAS

A organización adiantou xa as orquestras que animarán as noites da festa. Finisterre e París de Noia actuarán o venres 31 de maio; Israel e Garibaldi, o sábado 1 de xuño; Ritmo Joven e Combo Dominicano, o domingo 2; finalmente, Trébol e Panorama amenizarán a noite do luns 3.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...