Nove alumnos de Mondoñedo e A Pontenova, sen clase pola neve

A Xunta de Galicia cifra en 27 os centros educativos lucenses nos que a borrasca Helena alterou a actividade lectiva

Máquina retirando a neve dunha estrada. GALICIA CONFIDENCIAL

A borrasca Helena deixou este venres sen clase a alumnado dos colexios de Mondoñedo e A Pontenova.

En concreto, a neve privou de asistir á escola a dous alumnos do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo e a outros dous do IES Plurilingüe San Rosendo.

Na Pontenova, tres rapaces faltaron a clase no IES Enrique Muruais e outros dous no Ceip Plurilingüe da Pontenova.

Concello Centro ¿Centro afectado? ¿Suspendidas as clases? Número total de alumnos afectados
Mondońedo CEIP Álvaro Cunqueiro Mora Si Non 2
Mondońedo IES Plurilingüe San Rosendo Si Non 2
Pontenova (A) CEIP Plurilingüe da Pontenova Si Non 2
Pontenova (A) IES Enrique Muruais Si Non 3

 

1.600 NENOS LUCENSES AFECTADOS

Segundo os datos facilitados pola Conselleria de Educación, a neve afectou a 27 centros da provincia de Lugo. Dezasete deles tiveron que suspender as clases, todos na Montaña. Así, 1.582 estudantes non puideron acudir ás clases.

Podes ler a noticia completa en Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here