O Concello de Cervo abriu o prazo para participar na décimo sexta edición do Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 6 de abril no Pavillón da Veiga, en San Cibrao.
As persoas interesadas en participar no evento, con prazas limitadas, poden anotarse presencialmente na casa da cultura ou ben chamando ao número de teléfono 982.59.51.57.
A concelleira de servizos sociais, Pilar Armada, anunciou que este ano recuperarase “o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento”.
MEDIO MILLEIRO DE PARTICIPANTES
O programa do encontro coñecerase máis adiante. O evento congrega cada edición a arredor de 500 palilleiras que proceden de todos os recunchos de Galicia.