IniciosociedadeO Centro Comercial Histórico de Viveiro ten nova sede, cedida polo Concello

O Centro Comercial Histórico de Viveiro ten nova sede, cedida polo Concello

A cesión, de balde e por un ano, satisfai unha demanda do colectivo de empresarios, que poderá aforrar o aluguer que pagaba pola súa anterior sede

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de empresarios Centro Comercial Historico de Viveiro (CCHV) dispón dun novo local de titularidade municipal cedido polo Concello.

O espazo, ubicado no número 3 da rúa Díaz Freijo, vén a satisfacer unha demanda da agrupación de comerciantes, que solicitara ao goberno local poder utilizar o inmoble como oficina.

A cesión realízase polo período dun ano de forma gratuíta. Así, o colectivo poderá reducir os seus gastos ao aforrar o aluguer do local que utilizaba ata o de agora.

Así, habilitouse a planta baixa como zona de traballo diario e atención ao público e os pisos superiores como sala de reunións e almacén.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, entregou este venres as chaves do local á presidenta do CCHV, Dolores Pérez Santos.

A directiva do colectivo agradece ao Concello “as facilidades dadas para o bo funcionamento da actividade do colectivo empresarial” e sinala que “este tipo de colaboracións son moi importantes para unir esforzos a prol da mellora do tecido comercial da vila”.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, entregou este venres as chaves do local á presidenta do CCHV, Dolores Pérez Santos.

A asociación é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal a dinamización do comercio e a hostalería da vila, coa organización de actividades e o asesoramento aos negocios asociados.

“POTENCIAR O COMERCIO”

Loureiro resalta que “consideramos que esta cesión de uso é unha maneira de potenciar o comercio de Viveiro, igual que se vén facendo coa asociación de hostaleiros de Covas, aos que tamén se lles facilitou un local para uso propio e reunións”.

Dende o Concello entendemos a situación que está a vivir o comercio e na medida das nosas posibilidades continuaremos prestando toda a colaboración posible”, concluíu a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...