IniciosociedadeAcisa estuda crear unha plataforma online común con venta de produtos

Acisa estuda crear unha plataforma online común con venta de produtos

O colectivo de comerciantes de Ribadeo pospón a decisión sobre a proposta de inclusión de grandes superficies comerciais na agrupación

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo celebrou o pasado xoves a súa asemblea xeral extraordinaria.

A agrupación de empresarios tratou na reunión diversos temas relativos ao futuro. Un deles foi a creación dunha plataforma informática común a partir da que promocionarse e vender produtos.

Queremos buscar unha fórmula que nos permita subirnos ao carro das novas tecnoloxías e crear un incentivo máis ao comercio, á hostalería e servizos, que sirva de escaparate e punto de venda”, explica o presidente do colectivo, Francisco Iriarte.

Acisa tamén estuda a posibilidade de crear “un bono turístico, que incluiría unha oferta de actividades a realizar en Ribadeo”.

outra proposta enriba da mesa é a creación dun bono turístico cunha oferta de actividades a realizar na vila

O colectivo tamén propuxo a inclusión de grandes superficies comerciais de Ribadeo -tanto do casco urbán como dos arredores- na asociación, cunha cota especial. Tanto este tema como o bono turístico, considera a agrupación, son cuestións que requiren dun tratamento “en profundidade, sobre todo entre o sector do comercio, polo que quedou enriba da mesa”.

ALTAS E BAIXAS NO 2018

Neste senso, Acisa insiste en que “cantos máis sexamos, máis posibilidades temos de facer máis campañas”. O exercicio 2018 pechouse para a agrupación con 159 socios, 16 baixas -oito delas por peche- e 30 altas, “a maior cifra de novas adhesións dos últimos anos”.

ORZAMENTO

Na asemblea tamén se aprobou a conta xeral de ingresos e gastos de 2018, cun saldo positivo de 34.363 euros, e o orzamento para 2019, que ascende a máis de 95.000 euros.

Acisa tamén acordou mercar novas partidas de bolsas para distribuír entre os establecementos asociados.

a gala anual do colectivo será o 22 de febreiro, cunha homenaxe a catro empresarios que se xubilan

GALA

Finalmente, a agrupación ultima os detalles da oitava edición da súa gala, que se celebrará o 22 de febreiro no Parador de Ribadeo, a partir das 21.30 horas.

No evento renderase homenaxe pola súa xubilación aos empresarios Carmen Valdés, Ramona Reigosa, José Luis Botana e Ramón Leivas.

As tarxetas da gala están á venda nas oficinas da asociación, ubicadas na rúa Viejo Pancho, 13. O prezo é de 30 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...