‘Helena’ deixa ventos de 93,4 qm/h en Burela e 14,1 litros por metro cadrado en Viveiro

Lourenzá tamén estivo entre as localidades galegas con valores máis altos no tocante ás precipitacións, con 10 l/m2

A Mariña permanecerá en alerta laranxa este martes por ventos fortes. AXM

O temporal ‘Helena’ deixou na noite do sábado refachos de vento que rozaron os 100 quilómetros por hora en Galicia.

Segundo os datos de MeteoGalicia, o dique da Coruña rexistrou o valor máis alto, cun refacho de 96,4 quilómetros por hora ás 3.00 horas. En Burela alcanzáronse os 93,4 qm/h ás 1.40 horas.

No tocante ás precipitacións, en Viveiro caeron 14,1 litros por metro cadrado nas últimas horas, mentres que en Mesía rexistráronse 12,3 l/m2 e en Lourenzá, 10 l/m2.

TEMPERATURAS

A provincia de Lugo rexistrou as temperaturas máis baixas das primeiras horas do sábado. Folgoso do Courel alcanzou os -1,4º, ás 7.10 horas, e Chantada, A Fonsagrada ou Samos tamén tiveron valores por debaixo dos cero graos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here