O IES de Vegadeo recibe a praca de honra da Orde de Alfonso X O Sabio

O Goberno valora "o marcado carácter innovador" do programa socioeducativo Foro Comunicación y Escuela do Elisa y Luis Villamil

Entrega das pracas de honra. AXM

O Ies Elisa y Luis Villamil de Vegadeo recibiu este luns na sede do Ministerio de Educación e Formación Profesional a praca de honra da Orde Civil Alfonso X o Sabio, xunto a outros cinco centros educativos, un deles o Ies Lucus Augusti lucense.

O Centro de Educación Infantil e Primaria de Laredo, en Redondela; o Colegio Menesiano de Santo Domingo de la Calzada na Rioxa; o colexio Madres Ursulinas de Sigüenza en Guadalaxara, e o Centro Público de Educación Básica Aurelio Menéndez de San Antolín de Ibias, en Asturias, recibiron tamén o galardón.

Segundo o Ministerio, coa concesión recoñécese a un grupo de centros educativos que destacan entre os que desenvolven diariamente unha tarefa vital para a mellora da educación en España. “As boas prácticas que desenvolvedes debemos extrapolalas ao resto de institutos e colexios do territorio nacional”, indicou a ministra, Isabel Celáa.

Os méritos obtidos nos campos da educación, a ciencia, a cultura, a docencia ou a investigación fundamentan este recoñecemento.

DINAMIZACIÓN DO ENSINO

No caso do IES Elisa y Luis Villamil, o Goberno subliña “o marcado carácter innovador” do proxecto socioeducativo Foro Comunicación y Escuela, que “contribuíu a dinamizar o ensino con importantes achegas no ámbito educativo”.

Pola súa banda, o CPEB Aurelio Menéndez de San Antolín de Ibias desenvolveu un “plan educativo pioneiro de escola aberta á comunidade no medio rural”. O Ies Lucus Augusti, pola súa banda, cumpriu 175 anos convertido “nun referente educativo” da cidade de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here