Piden apostar polo galego-asturiano na programación da RTPA

Iniciativa pol Asturianu insta ás forzas políticas a nomear un director que reforce o papel "normalizador da lingua" que se lles asigna aos medios públicos

Manifestación pola oficialidá recorrendo as rúas de Oviedo o pasado 21 de abril. IVÁN G. FERNÁNDEZ

Iniciativa pol Asturianu esixe a los partidos con representación no Consello de Administración da Radio Televisión del Principado de Asturias (RTPA) –PSOE, PP, Podemos, Foro e IU– que nomeen a un director “que aposte por políticas de programación que contribúan a normalizar o asturiano e o galego-asturiano“.

A asociación posiciónase logo de que o director xeral da RTPA, Pedro Virgili, anunciase a súa marcha o vindeiro 4 de marzo.

Iniciativa pol Asturiano lembra que os medios de comunicación teñen un papel “de normalización da lingua” e que “actualmente, a maioría dos membros do Consello de Administración pertencen a partidos que levan a oficialidade no seu programa“.

O 1% DA PROGRAMACIÓN

A agrupación lamenta que o porcentaxe actual de emisión en asturiano na televisión é do “1%” da programación“. A Xunta pola Defensa da Llingua pediu tamén impulso para este idioma nos medios de comunicación públicos do Principado. A finais do pasado mes de xaneiro, emitiu un comunicado no que lamentou que só se lle adicasen “dez minutos de luns a venres” na radio asturiana.

ORZAMENTO “IRRISORIO”

No mesmo texto, o colectivo explicou a Consellería de Educación e Cultura dispuxo un orzamento extra de 70.000 euros para a promoción do asturiano na RTPA.

Trátase, segundo a agrupación, dunha cantidade “irrisoria e insuficiente” dentro dun presuposto global de 23 millóns. A asociación censourou a actitude de Virgili e instou ao Principado “a cumprir a lei”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here