IniciosociedadeBurela fletará un bus para acudir á degustación de bonito na feira...

Burela fletará un bus para acudir á degustación de bonito na feira Xantar

O Concello ampliará o stand no encontro gastronómico internacional e convida á veciñanza a anotarse "para facer promoción do municipio"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela promoverá unha degustación de bonito na vixésima edición da feira Xantar, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de febreiro.

O goberno local fletará un autobús para que as persoas que desexen poidan asistir á degustación do túnido, que se poderá probar en varias especialidades o venres, a partir das 13.00 horas.

O concelleiro de turismo, Ramiro Fernández Rey, explicou que “este ano decidimos dar un salto na nosa habitual presenza no salón do turismo gastronómico: ampliamos o stand e imos ter un día adicado a Burela”.

AÍNDA QUEDAN PRAZAS

O edil asegurou que “temos xa practicamente a metade do autobús ocupado de asistentes, co cal queda a outra metade para a xente que queira ir ata que completemos prazas. Teremos tamén unha invitación para entrar á feira e poderán estar alí acompañándonos ao alcalde e a min para facer promoción de Burela”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...