IniciosociedadeAlerta amarela por vento este venres na Mariña, con refachos superiores aos...

Alerta amarela por vento este venres na Mariña, con refachos superiores aos 80 qm/h

Este xoves mantense o aviso amarelo por ondada, con alturas de ata cinco metros

Publicada o

- Advertisement -

Mariña lucense terá este venres a partir do mediodía alerta amarela por ventos fortes con refachos que poden superar os 80 quilómetros por hora.

Segundo o boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, unha profunda borrasca deixará este venres ventos fortes en puntos do litoral e zonas altas do interior.

Deste xeito, entre as 12.00 e as 18.00 horas deste venres estará activado o aviso amarelo por refachos máximos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora na bisbarra.

ONDADA

A advertencia amarela por forte ondada permanece activa durante este xoves, 7 de febreiro, en todo o litoral galego, con ondas de catro a cinco metros de altura.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...