IniciosociedadeExpertos internacionais en turismo coñecen o "menos masificado" Camiño norte da man...

Expertos internacionais en turismo coñecen o “menos masificado” Camiño norte da man da Deputación

Xornalistas e profesionais de axencias de Bélxica, Sudáfrica ou Brasil coñecen Mondoñedo, Ribadeo ou Lourenzá cunha viaxe impulsada polo goberno provincial

Publicada o

- Advertisement -

Dezaseis expertos en turismoxornalistas e representantes de axencias especializadas nacionais e internacionais– coñecen desde este xoves ata o 9 de febreiro os atractivos Camiño Norte co FAMTRIP da Deputación Provincial de Lugo.

O goberno provincial busca con esta viaxe de familiarización dar a coñecer o potencial da ruta, co obxectivo de dinamizala a nivel turístico de cara ao Xacobeo 2021, e convertela “nunha alternativa idónea ao masificado Camiño Francés”.

Participarán representantes de Go Camino (Bélxica), MAE Peregrina Tours (Portugal), Ponte Atlántica Produçao (Brasil), Traveller 24.com (Sudáfrica) e Walk the Camino e Corazón Travel (Reino Unido).

Tamén coñecerán a ruta co FARMTRIP membros de Revista Otros Destinos, Viajar, Correos, La Razón, Go Travel e Spain is More.

PROGRAMA

Os participantes percorrerán varios tramos dalgunhas etapas do Camiño Norte e visitarán os lugares histórico-culturais e gastronómicos do entorno máis relevantes.

Así, este xoves achegáronse ao casco histórico de Ribadeo, á Praia das Catedrais, ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá e ao tamén laurentino Pazo de Tovar.

Na xornada do venres, estes profesionais do turismo percorrerán dous quilómetros do tramo de entrada do Camiño en Mondoñedo. Logo desfrutarán dunha visita guiada polo patrimonio histórico-artístico da cidade, incluída a zona vella e a catedral. Despois desprazaranse ata o centro de interpretación da ruta e ao barrio artesán dos Muíños.

Xa pola tarde, percorrerán outros dous quilómetros do Camiño do Norte, o tramo CastromaiorMartiñán.

Finalmente, o programa do sábado incluirá unha visita ao Museo de Arqueoloxía e Prehistoria de Vilalba, a unha queixería D. O. San Simón da Costa e percorrerán outros dous quilómetros do tramo San Alberte do Camiño do Norte.

O deputado de turismo, Eduardo Vidal, destaca que este FAMTRIP “é o mellor escaparate para impulsar este importante produto turístico que atravesa a nosa provincia. Ao vivir a experiencia en primeira persoa, as axencias de viaxes participantes poderán transmitir e vender mellor aos seus clientes este destino xacobeo da provincia de Lugo”, asegurou.

Os xornalistas especializados en viaxes difundirán nas súas reportaxes, con maior detalle, todos os encantos e recursos naturais, histórico-culturais e gastronómicos do Camiño do Norte ao seu paso pola nosa provincia”, concluíu.

A TERCEIRA RUTA MÁIS ELIXIDA

O Camiño Norte consolidouse no terceiro posto dos camiños, por detrás do Camiño Francés e do Camiño Portugués.

En dez anos triplicou o número de peregrinos sendo escollido por case 20.000 persoas na súa peregrinaxe a Compostela segundo os datos de 2018 da Oficina de Acollida ao Peregrino do Arzobispado de Santiago. Trátase dun Camiño menos masificado e con moito potencial de crecemento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...