IniciosociedadeCervo pide bandas redutoras na intersección de Río Covo para evitar adiantamentos...

Cervo pide bandas redutoras na intersección de Río Covo para evitar adiantamentos indebidos

O Concello alerta de que algúns condutores usan os ramais de incorporación como carril para sortear aos turismos que circulan pola N-642

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo solicitoulle ao Ministerio de Fomento que reforce a seguridade na intersección de Río Covo, situada no punto quilométrico 52 da N-642, ante o risco que conlevan os adiantamentos indebidos que algúns condutores pratican a través dos ramais.

O alcalde cervense, o popular Alfonso Villares, asegurou que se trata “dun punto moi conflitivo” no que se producen “situacións de risco a miúdo”.

O rexedor explica que “veciños e condutores” alertaron de que “os vehículos que utilizan a vía de servizo de incorporación á N-642, tras facer o stop regulamentario, vense sorprendidos por coches a gran velocidade que utilizan este ramal como carril de adiantamento, para sortear aos turismos que circulan con normalidade pola Nacional”.

Villares, que visitou o punto xunto á edil Dolores García Caramés e efectivos da Policía Local, lamentou este tipo de manobras, que “resultan perigosas e poden provocar accidentes”, e asegurou que se puxo en contacto co Goberno central para “buscar unha solución efectiva o antes posible”.

Unha posibilidade, suxeriu, é “a instalación de bandas redutoras que obriguen a aminorar a marcha neste punto, co fin de garantir a seguridade e reducir o risco de accidente”.

PUNTO NEGRO

Outrora un punto negro onde se produciron varios accidentes de gravidade pola velocidade que alcanzan os vehículos, a intersección de Río Covo foi modificada por Fomento na pasada década, coa instalación de dúas rotondas e dúas vías de servizo paralelas á N-642 separadas por unha barreira de formigón, que canalizaron os cambios de sentido e as incorporacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...