IniciosociedadeA Deputación aproba melloras en doce quilómetros de cinco estradas de Ourol

A Deputación aproba melloras en doce quilómetros de cinco estradas de Ourol

O goberno provincial acondicionará as vías da capital municipal ás Lobeiras e á igrexa, de Ruanova a Muras, de Bravos a San Pantaleón e da Ponte Torta á Cruz das Leiras

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou na xunta de goberno deste venres obras en cinco estradas de titularidade provincial no municipio de Ourol.

O goberno provincial acondicionará a LU-P-3801, que vai da capital municipal ás Lobeiras polo Carmen; a LU-P-3802, que vai de Ourol á igrexa; a LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras; a LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, e a LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras.

Así, a Deputación mellorará un total de doce quilómetros das distintas vías provinciais deste concello.

O goberno provincial autorizou este venres obras por 1,7 millóns en 44 quilómetros de estradas lucenses, nos municipios de Muras, Begonte, Outeiro de Rei, Portomarín, Sober, Samos e Ourol. Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ACCESOS EN BARREIROS

A Deputación de Lugo rematou obras en 20 accesos a núcleos de poboación do municipio de Barreiros, nos que investiu 210.000 euros. O goberno provincial calcula que se beneficiaron da medida “máis de 2.900 veciños”.

Cos fondos achegados polo executivo Provincial renováronse os accesos da igrexa de Reinante á Casa Panta, camiño dos colexios vellos, Sarxende-Casa do Merlo, de Remior a Villaíde, Camiño Paco o Aparejador e a entrada ao campo de fútbol de As Valgas.

Visita da deputada provincial Sonsoles Izquierdo a Barreiros. AXM

O goberno socialista da Deputación tamén financiou a mellora dos accesos en camiño do Carajito, camiños nos Campos-San Miguel, Merlin, Remior-acantilado, Viladaide, do Souto, do Cabarqués, San Pedro-carretera de Remior, acceso ó pavillón, Cascabeiro-A Aspera, ponte de Barral-Ponte de Rexa, Rexa, de igrexa de San Xusto de Cabarcos ao límite con Lourenzá e acceso á ponte Barranca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...