IniciosociedadeA Xunta pechará tras 22 anos o proceso administrativo da parcelaria de...

A Xunta pechará tras 22 anos o proceso administrativo da parcelaria de Frexulfe

O Goberno galego asinará "de xeito inminente" a firmeza de acordo dunha restruturación que afectou a 118 hectáreas, cunha redución de 1.000 a 312 parcelas

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural anunciou que asinará “de xeito inminente” a firmeza do acordo da reestruturación parcelaria de Frexulfe, no Valadouro, co que se pecha administrativamente este proceso.

O inicio do proceso de reestruturación parcelaria na parroquia valadourense remóntase ao ano 1997. Investíronse preto de 600.000 euros para reordenar unha superficie de 118 hectáreas, repartida en case 1.000 parcelas que pertencían a 180 propietarios, e que quedaron reducidas a 312 fincas.

A superficie media dos terreos, expón o Executivo autonómico, “practicamente triplica a extensión das parcelas preexistentes, co que serán máis doadas de traballar, máis produtivas e máis rendibles para os seus propietarios, xa que permiten abaratar os custos”, apuntou o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro.

As obras incluíron a construción dunha rede de camiños, tanto principais coma secundarios, de máis de oito quilómetros. Deles, 5,4 son asfaltados e o resto en saburra.

Balseiro subliñou que a sinatura da firmeza de acordo da parcelaria é un paso decisivo para formalizar a titularidade das terras. Implicará que os novos predios, dos que xa viñan facendo uso os veciños, son definitivos de cara á elaboración dos títulos de propiedade, que será o seguinte paso.

BANCO DE TERRAS

Ademais, unha vez adquirida a firmeza comezarán os trámites para incorporar as fincas integrantes da masa común -excesos que non foron adxudicados a ningún particular- ao banco de terras para que os veciños interesados poidan solicitar o seu uso.

O delegado indicou que é “unha prioridade” para o Goberno galego pechar os procesos de reestruturación parcelaria abertos e continuar avanzando na organización da superficie agraria e forestal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...