As previsións de refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora e ondas de cinco a seis metros de altura levaron á Xunta de Galicia a anunciar que pon en situación de alerta laranxa A Mariña Lucense a partir da noite do sábado.
A alerta laranxa é o segundo aviso máis elevado nunha escala de tres nas zonas litorais da provincia de Lugo.
O Goberno autonómico recomenda manterse afastado da costa e de zonas de diques ou paseos marítimos, extremar as medidas de seguridade nas actividades marítimas e revisar os cabos e amarres das embarcacións.
DOMINGO
A partir da medianoite do domingo, na Coruña, Pontevedra e Lugo pasarase a nivel amarelo, con ráfagas de viento de 90 quilómetros por hora.