O Concello de Cervo iniciou as obras de mellora integral da Praza do Souto, e dun tramo da Rúa da Aldea, na capital do municipio.
O orzamento das actuacións, procedentes de fondos municipais, ascenden a 289.250 euros. O proxecto consiste na renovación do pavimento, creando no caso da Rúa da Aldea espazos diferenciados para os peóns e o tráfico rodado.
Ademais, renovarase a rede de sumidoiros, independizando a recollida de augas residuais e pluviais. Tamén se acondicionará a rede de abastecemento de auga, e melloraranse as redes de alumeado público, de telefonía, e de suministro eléctrico, substituíndo o tendido aéreo en superficie por unha canalización soterrada, eliminando así o impacto visual do cableado.
Así mesmo, instalarase novo mobiliario urbán e incidirase no concepto da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas.
OUTRAS OBRAS
A obra enlaza cos traballos de acondicionamento que se están a levar adiante en varias rúas do núcleo de Cervo, e que xa están en fase avanzada.