IniciosociedadeCervo inicia obras de mellora na Praza do Souto e Rúa da...

Cervo inicia obras de mellora na Praza do Souto e Rúa da Aldea

O orzamento das actuacións, procedentes de fondos municipais, ascenden a 289.250 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo iniciou as obras de mellora integral da Praza do Souto, e dun tramo da Rúa da Aldea, na capital do municipio.

O orzamento das actuacións, procedentes de fondos municipais, ascenden a 289.250 euros. O proxecto consiste na renovación do pavimento, creando no caso da Rúa da Aldea espazos diferenciados para os peóns e o tráfico rodado.

Ademais, renovarase a rede de sumidoiros, independizando a recollida de augas residuais e pluviais. Tamén se acondicionará a rede de abastecemento de auga, e melloraranse as redes de alumeado público, de telefonía, e de suministro eléctrico, substituíndo o tendido aéreo en superficie por unha canalización soterrada, eliminando así o impacto visual do cableado.

Así mesmo, instalarase novo mobiliario urbán e incidirase no concepto da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas.

OUTRAS OBRAS

A obra enlaza cos traballos de acondicionamento que se están a levar adiante en varias rúas do núcleo de Cervo, e que xa están en fase avanzada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...