O Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade xestionar directamente os parques de comarcais. Será a partir do primeiro de maio, cando rematan os contratos coas empresas privadas que se ocupan deles. A medida, proposta pola Deputación de Lugo e acordada coa Xunta de Galicia, suporá un aforro de 260.000 euros anuais.
A xestión directa dos parques de bombeiros comarcais, en Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada, implica a subrogación de 117 profesionais e a mellora das condicións laborais.
MELLORAS LABORAIS
Entre outros avances, estes 75 bombeiros, 36 cabos e seis xefes de parque pasarán a ser considerados profesionais en actividades de risco. Ademais, consolidarase a equiparación salarial acordada a finais de maio, de xeito que os profesionais cobrarán o mesmo ca os homólogos de Ourense.
Podes ler a nova completa en Lugo Xornal.