IniciosociedadeInstalan novas antenas de telefonía ao pé do Ceip nº 1 de...

Instalan novas antenas de telefonía ao pé do Ceip nº 1 de Foz

O BNG lembra que entregou coa Anpa 721 sinaturas e que se aprobou unha moción contra o que considera "un perigo" para a comunidade escolar

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego de Foz denuncia que se instalaron tres novas antenas no mastro do edificio de Telefónica, situado ao pé do Colexio Público número 1.

O grupo municipal nacionalista lembra que no pasado mes de agosto entregou xunto coa Anpa 721 sinaturas de veciños que reclamaban a retirada do mastro, ademais da prohibición de instalar antenas ao lado dun centro educativo, ao entender que supuña “un perigo” para a comunidade escolar.

O BNG local lembra que a corporación focega aprobou por unanimidade unha moción dos nacionalistas con eses dous obxectivos.

O partido frontista advirte de que non vai quedar “cos brazos cruzados” diante do que considera “unha demostración de desprezo pola vontade dos veciños e dos representantes do pobo”.

OS NACIONALISTAS CREN QUE SE TRATA “DUNHA DEMOSTRACIÓN DE DESPREZO” POLA VONTADE DOS VECIÑOS

NORMATIVA MUNICIPAL

Os nacionalistas aseguran que pediron información sobre estas antenas ao Concello, para comprobar se a súa instalación cumpre as esixencias de legalidade que establecían senllas sentenzas do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segundo explica o BNG focego, “o artigo 12.1 da ordenanza municipal que regula o funcionamento destas antenas di que non se permitirán instalacións de radiocomunicación sobre espazos sensibles, como escolas, hospitais, centros de saúde, residencias xeriátricas ou parques públicos, nin en parcelas lindantes, cunha distancia mínima de 300 metros”.

ACCIÓNS CONXUNTAS

O grupo municipal nacionalista critica “o silencio do alcalde, que sabe da preocupación da comunidade escolar, diante da instalación destas novas antenas” e anuncia que solicitará entrevistas coa Anpa, a dirección do colexio e con asociacións de veciños do casco urbán para estudar levar a cabo accións conxuntas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...