IniciosociedadeO alcalde agarda que a depuradora de Celeiro de Mariñaos estea lista...

O alcalde agarda que a depuradora de Celeiro de Mariñaos estea lista “nuns días”

O rexedor agarda paliar coa nova instalación as deficiencias no abastecemento de auga

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, visitou este martes as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos, que agarda que estean “rematadas nuns días”.

A estación de tratamento de auga potable (Etap) conta cun investimento de un millón de euros. Tentará paliar as deficiencias do abastecemento de auga postas de relieve polas choivas. “Cando o río baixaba revolto, tamén por obras no cauce, ocasionaba que a auga saíse con turbidez”, expón Fuente Parga.

O primeiro edil de Barreiros está convencido de que “unha vez se poña en marcha esta nova depuradora, iso xa quedará solucionado”.

AUMENTO PRODUTIVO

Así mesmo, a instalación amplía a capacidade de produción de auga potable, e tamén se aumentou o depósito de cabeceira. “Tiña capacidade de 900 metros cúbicos e agora xa contamos cun de 2.000 metros cúbicos”, explica Fuente Parga.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...