IniciosociedadeUnha campaña solidaria acada un ano de fisioterapia para Darius, o neno...

Unha campaña solidaria acada un ano de fisioterapia para Darius, o neno de Ribadeo cunha doenza rara

A Fundación Puro Cora impulsou unha recollida de tapóns que deixou 2.600 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Puro Cora, en colaboración coa Deputación de Lugo, entregou un talón con 2.600 euros a beneficio de Darius Gabriel Dumitrescu, un neno de oito anos residente en Ribadeo e que padece atrofia muscular espiñal (Ame).

Os fondos proveñen da iniciativa solidaria ‘Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente‘, posta en marcha pola fundación xunto con outras institucións e asociacións lucenses.

Esta campaña naceu para axudar a rapaces con doenzas ou trastornos graves ou necesidades especiais ó tempo que contribúe á conservación do medio favorecendo a reciclaxe de plásticos.

A doenza que padece Darius é unha das denominadas enfermidades raras, que afectan a moi pouca poboación. No caso da provincia, o número de afectados por Ame é de tres persoas; hai un afectado un en Lugo e outro en Monforte de Lemos.

Os lucenses colaboraron coa iniciativa solidaria ao reunir 10 toneladas de tapóns de plásticos. Os 2.600 euros de recadación servirán para pagar as sesións de fisioterapia que Darius precisa ao longo deste ano 2019.

Neste proxecto, ademais da Deputación, participan entidades, asociacións e empresas que colaboran nesta campaña co fin de axudar a mellorar a calidade de vida das persoas que posúen algún problema grave ou eiva que lle impide desenvolver unha vida con normalidade, con especial atención á infancia.

APSNAIS COLLE O RELEVO

APSNAIS asumirá a partir de agora o banco de tapóns, creado en 2012. A asociación centralizará estes traballos, tanto a selección como a recolección dos plásticos, e ademais será quen reciba a partir de agora a recadación dos mesmos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...