IniciosociedadeOs gobernos de Viveiro e O Valadouro esixen á Xunta o arranxo...

Os gobernos de Viveiro e O Valadouro esixen á Xunta o arranxo da LU-161

Lembran que a veciñanza leva "dez anos" a reclamar melloras para unha estrada "vital", que conecta os dous municipios

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e mailo rexedor do O Valadouro, Edmundo Maseda, ambos socialistas, esixen á Xunta de Galicia o “arranxo integral” da estrada LU-161, que conecta Landrove con Ferreira.

O PSOE denuncia o mal estado do firme desta vía de titularidade autonómica, que conta con “moito tránsito de tráfico rodado” pois trátase dunha das alternativas de comunicación entre os dous concellos mariñaos.

Os socialistas critican “o estado do asfalto, que presenta fochancas”. Tamén lamentan que “a sinalización está despintada” e que a calzada non conta con beiravías transitables para as zonas urbás, polo que se “pon en perigo a seguridade dos viandantes”.

Loureiro subliña que as melloras na LU-161 é unha demanda que os veciños reclamaron “durante máis de dez anos” e que o Goberno galego “nunca fixo ningunha actuación para mellorar a seguridade nesta estrada, competencia do Goberno autonómico”.

EMENDA AOS ORZAMENTOS

A rexedora de Viveiro lembra que o PSOE presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para o 2019 na que recollía unha partida de 800.000 euros para a mellora da LU-161, unha proposta “vital para os veciños de Viveiro e O Valadouro” que o PP “rexeitou”.

SEN DATA

O Executivo autonómico comprometeuse tras unha iniciativa parlamentaria do BNG a incluír o acondicionamento da LU-161 dentro do Plan de Reforzos de Firme que está a desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas, pero non concretou ningunha data para o inicio das obras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...