A Xunta de Galicia retirou máis de media tonelada de patacas pola incidencia da couza guatemalteca en 33 municipios galegos, entre eles os 16 da Mariña Lucense.
Segundo un informe presentado pola Consellería do Medio Rural ao Consello da Xunta, concedéronse axudas por un total de 250.000 euros a un total de 2.000 expedientes.
O mesmo estudo destaca que técnicos da Comisión Europea enviados a España no pasado mes de setembro para realizar unha auditoría sobre as medidas postas en marcha para loitar contra a couza aprobaron os métodos emprendidos contra a praga.
Con todo, a bisbarra non poderá plantar pataca no 2019, tal e como Medio Rural notificou aos concellos afectados.
Podes ler a nova en Galicia Confidencial.