IniciosociedadeO TSXG desestima os cinco recursos interpostos contra o PXOM de Ribadeo

O TSXG desestima os cinco recursos interpostos contra o PXOM de Ribadeo

O alcalde ribadense cre que o documento, aprobado administrativamente en novembro de 2014, queda "consolidado"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, confirmou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) quedou “definitivamente aprobado e consolidado” despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimase os cinco recursos contencioso-administrativos interpostos por particulares e empresas contra o documento, aprobado en novembro de 2014.

Os demandantes recurriron á via xudicial ao discrepar das calificacións que o planeamento outorgou as súas parcelas e fincas, unhas categorías que determinan o uso dos terreos e as condicións de edificabilidade.

O tribunal fallou en todos os casos en contra dos denunciantes impoñéndolles o pago das costas procesais. Os ditames establecen un prazo de trinta días para recurrir a decisión. A última sentenza emitida data do pasado 15 de febreiro.

DEZASEIS ANOS DE TRAMITACIÓN

O rexedor felicitouse polas resolucións do TSXG que, explicou, “demostran que os terreos estaban correctamente clasificados e dannos a razón”

“Foi un treito longo e engorroso, pero cando se queren facer as cousas ben e con humildade finalmente  traen beneficios”, apuntou o alcalde nacionalista, remitíndose aos 16 anos que se prolongou a tramitación do PXOM.

Nese senso, o rexedor agradeceu a contribución “honesta e sensata” que realizaron ao proxecto os grupos con representación na corporación no anterior mandato –UPRI, PP, PSOE e BNG– e mailos técnicos municipais.

“CRECEMENTO SOSTIBLE”

“Isto contrasta con outros concellos, de aquí mesmo da Mariña, que non teñen normas urbanísticas, e que xa non se trata de problemas penais senón de destrozar o país para sempre”, apuntou Suárez Barcia, quen destacou que o planeamento combina o “crecemento sostible” e a “protección do patrimonio”.

O PXOM, que substituíu a unha normativa de 1977, planifica o desenvolvemento urbanístico de Ribadeo a 18 anos.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...