O Concello informa con folletos da residencia de Cervo

O prazo de preinscrición comeza o 14 de xuño e antes haberá xornadas de portas abertas

Villares e Armada presentan os folletos. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O Concello de Cervo elaborou 2.000 folletos informativos sobre o centro de día-residencia que xa comezou a repartir polas casas para que os seus potenciais usuarios podan coñecer máis de preto as instalacións e o seu funcionamento. Ademais, os interesados poderán achegarse ao inmoble entre o 11 e o 13 de xuño, cando se ofrecerán unhas portas de xornadas abertas do servizo.

O prazo de preinscrición para os interesados empeza o 14 de xuño e rematará o 29 do mesmo mes, e os maiores que queiran acadar unha praza na residencia-centro de día poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello. Logo desa data farase unha avaliación inicial das peticións. Os veciños empadronados en Cervo terán prioridade.

No tocante ás xornadas de portas abertas, que tamén recolle a publicación explicativa, o horario de apertura será de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00. Tamén se ofrece un teléfono de contacto para aclarar dúbidas.

PRAZAS

Os folletos ofrecen unha variada información do centro, que dispón de 54 prazas de residencia e 25 de centro de día. O alcalde, o popular Alfonso Villares, e a edil de servizos sociais, Pilar Armada, presentaron os folletos. O rexedor anunciou que “nas vindeiras semanas seremos testemuñas da posta en funcionamento deste servizo pensado para o noso presente, pero tamén para o noso futuro”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here