InicioEn ProfundidadeO ocaso do interior: en Ourol e Riotorto a meirande parte dos...

O ocaso do interior: en Ourol e Riotorto a meirande parte dos ingresos vén das pensións

O Instituto Galego de Estatística publicou o informe de renda municipal dos fogares do 2016, que alerta sobre o desequilibrio territorial e o avellentamento da poboación

Publicada o

- Advertisement -

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou o pasado venres os resultados do informe de renda dos fogares municipais 2000-2016. Algunhas das conclusións do estudo son a fenda económica existente entre a costa e o interior e o avellentamento da poboación. Ourol e Riotorto son os concellos da Mariña Lucense que parecen reflectir esta tendencia.

A investigación sitúa os municipios galegos con maior renda bruta dispoñible por habitante. Esta última referencia mide a cantidade de ingresos dos que dispoñen os residentes dun territorio para destinalos a operacións de consumo ou aforro.

CONCELLOS MÁIS RICOS

Así, Oleiros é o municipio máis rico de Galicia, con 21.886 euros por habitante. Ségueno Bergondo (17.808), Santiago de Compostela (17.726), A Coruña (17.643), As Pontes (16.733), Ourense (16.678), Lugo (15.878), Nigrán (15.843), Teo (15.819) e Pontevedra (15.681). Ningún concello mariñao aparece nos primeiros postos. 

Na bisbarra, Ribadeo (15.298 euros) sitúase neste aspecto por diante de Cervo (15.098). A continuación vén Viveiro, con 14.616; Xove, con 14.496; e Foz, con 14.401.

ningún concello mariñao figura entre os máis ricos de galicia, nunha listaxe que lidera oleiros

Por debaixo dos 14.000 euros por habitante están Burela, con 13.568; Barreiros, con 13.561; A Pontenova, con 13.488; Trabada, con 13.351; Mondoñedo, con 13.320; Trabada, con 13.351, e Lourenzá, con 13.129.

Non alcanzan unha renda dispoñible por veciño de 13.000 euros os municipios de Riotorto, con 12.962; Alfoz, con 12.312 e O Vicedo, con 12.311. Ourol ten con diferenza o valor máis baixo da Mariña Lucense, con 10.765.

O EQUILIBRIO DE CERVO

Tal e como lembra o estudo, Cervo é o terceiro municipio en Produto Interior Bruto (PIB) por habitante, con 86.707 euros.

O municipio cervense, base de Alcoa en España, só está por detrás de Arteixo (con 129.519 euros), sé de Inditex, e Carballeda de Valdeorras (112.040), municipio no que a economía se centra na pizarra.

cervo é un dos tres municipios de galicia que se sitúa en postos altos no pIB por habitante e nos ingresos por residente

Segundo o informe, o relevante é que, dos municipios galegos con maior PIB por habitante, “só As Pontes, Bergondo e Cervo se atopan tamén entre os concellos cunha maior renda dispoñible por residente”.

No caso do concello cervense, cos seus 15.098 euros por habitante está por riba da media galega de ingresos por residente, situada en 14.019.

Este equilibrio que se dá en Cervo non se percibe en municipios como Ribadeo, Xove, Viveiro ou Foz, cunha renda por habitante superior á media e un PIB inferior ao promedio galego.

POR COMARCAS

A nivel comarcal, A Mariña Occidental e Mariña Oriental teñen unha renda bruta por habitante superior á media de Galicia, con 14.361 e 14.575 euros. En A Mariña central, a cifra cae ata os 13.620 euros. 

a mariña occidental e maila oriental teñen unha renda bruta por habitante superior á media galega

A Coruña é a bisbarra que se sitúa á cabeza, a única que supera os 17.000 euros. A súa renda é un 22% máis elevada que a da media galega.

ENVELLECEMENTO

Un dos aspectos máis esclarecedores do informe é a cantidade de comarcas nas que as prestacións sociais que reciben os fogares son a principal fonte de renda, dato que fala do envellecemento.

Nestas bisbarras a masa salarial é inferior ao volume de prestacións recibidas, o que implica que as cotizacións pagadas polos fogares non chegan a superar en ningún caso o 38% das prestacións recibidas.

no 2010 había 81 concellos nos que as prestacións achegaban máis diñeiro cá masa salarial. no 2016, 113

Son Os Ancares, A Fonsagrada, Quiroga, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova e Terra de Trives. Máis dun terzo da poboación destas oito comarcas supera os 65 anos segundo os indicadores demográficos do IGE.

Segundo o informe, no 2010 había 81 concellos nos que a meirande parte dos ingresos proviñan das pensións. No 2016 pasaron a ser 113; entre eles, Ourol e Riotorto.

Con todo, o ourolés e mailo riotortense non son os dous únicos municipios da Mariña que acenden unha luz de alerta. No Vicedo, as pensións supoñen o 46% do total da renda bruta dispoñible, unha cifra similar á de Ourol; no Valadouro, as prestacións achegan o 42,1% dos ingresos.

en ourol e o vicedo, as pensións supoñen o 46% da renda, mentres que no valadouro son o 42,1% dos ingresos

COTIZACIÓNS

A relación entre cotizacións e pensións indica en que contía as prestacións cobradas en cada concello estarían cubertas polas contribucións pagadas polos fogares do municipio.

En Ourol, o ratio de cotizacións sociais sobre prestacións sociais no 2016 foi do 31%. É dicir, as cotizacións non chegarían a cubrir unha terceira parte das pensións percibidas.

en ourol, as cotizacións non chegarían a cubrir unha terceira parte das pensións percibidas

RENDAS MIXTAS

Aínda que en 2016 non houbo ningunha comarca cuxa principal fonte de ingresos proceda das rendas mixtas -as que proceden conxuntamente do capital e do traballo-, este tipo de recurso superou o 25% do total bruto dispoñible en doce comarcas galegas, entre elas A Mariña Oriental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...