O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) porá en marcha un novo servizo para responder a calquera consulta sobre un produto que o cliente necesite e non saiba onde o pode atopar.
As consultas poderanse facer ben cunha mensaxe na web www.viveirocentro.com no apartado contáctanos, ou ben por mail a info@viveirocentro.com, por whatsapp no 650.50.67.17, ou cunha menxase a calquera das nosas redes sociais Facebook, Instagram ou Twitter.
O CCHV ofrecerá ao cliente unha relación das tendas que dispoñen desde artigo ou servizo, porao en contacto co establecemento e, se non pode achegarse, o colectivo de empresarios comprométese a enviar o produto.
DESCONTOS EN MATERIAL DEPORTIVO
Ademais, CCHV activa de novo a tarxeta de descontos Sport Play, pensada para os deportistas menores de 18 anos de todas as entidades deportivas do concello que queiran mercar material deportivo.
Os interesados poden formalizar o seu desconto nas oficinas de CCHV cunha copia do DNI e do carnet do club ao que pertencen. A realización da tarxeta é inmediata.
Deportes Don Balón, Podium Sport, Oxígeno Surf, Piti Deportes, Náutica Beagle, Van Surf e Albo Zapaterías son as tendas nas que poden desfrutar dos descontos.