IniciosociedadeO Concello de Cervo inicia trámites para incorporar a finca contigua ao...

O Concello de Cervo inicia trámites para incorporar a finca contigua ao Museo do Mar

O Concello modificará as normas subsidiarias de planeamento para permitir o uso dotacional da parcela anexa á pinacoteca, de 2.568 metros cadrados

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou que iniciou os trámites para ampliar o Museo do Mar de San Cibrao.

O goberno local sinala que a páxina web da Consellería de Medio Ambiente expón o documento da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal redactado para ampliar o museo.

O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abrangue, ademais do edificio existente, unha edificación privada empregada antigamente como vivenda.

Nestes terreos nos que se proxecta o aumento do espazo do Museo establécese a ordenanza residencial mixta -espazo destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-.

Na pinacoteca establécese a ordenanza dotacional propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público, tales como o escolar, o deportivo, o recreativo, o relixioso, o sanitario ou o asistencial.

Así, o cambio nas condicións urbanísticas permitirá o uso dotacional da superficie total da finca, que é de 2.568 metros cadrados.

AMPLIACIÓN DA PINACOTECA

Segundo expuxo o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, “esta modificación é o documento de partida para acadar o obxectivo de incorporar o terreo contiguo para a ampliación do museo. Así, mellorará a calidade e funcionalidade da pinacoteca e favorecerase a posta en valor do noso patrimonio cultural”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...