O Concello de Foz rematou os traballos de urbanización da rúa Fonte da Cruz na vila focega, unha das saídas cara a estrada de Ribadeo.
O alcalde focego, o popular Javier Castiñeira, resalta que a obra, que contou cun investimento de 50.000 euros de fondos municipais, supón “quitar un tapón no tráfico moi grande” nunha estrada “que é moi usada na vila, como saída e como acceso”.
A vía ampliouse de catro a once metros, habilitando dobre carril e beirarrúas, polo que Castiñeira agradece “a boa fe dos propietarios”.
PACTO CON FPF
O alcalde lembra que posibilitou a actuación un pacto con Foz Plataforma de Futuro (FPF), que apoiou os orzamentos presentados polo PP, e argumenta que a obra é “un paso adiante” na “reorganización do centro urbán que afecta precisamente á mobilidade do tráfico do noso concello”.