O CIFP Porta da Auga de Ribadeo acolleu o pasado luns unha xornada de primeiros auxilios e actuación en accidentes de tráfico na que participaron os bombeiros do parque de Barreiros e uns 30 alumnos do centro.
As actividades consistiron nun simulacro de excarcelación e evacuación de feridos. O director do centro, Isidro Berdeal, explicou que os alumnos participantes foron “os de atención a persoas dependentes porque lle facemos coincidir o módulo de primeiros auxilios que teñen con esta actividade, para complementar un pouquiño máis se cabe o que xa se forman nas nosas aulas”.
Tamén participou o alumnado de educación infantil, que ten un módulo relacionado con primeiros auxilios, e de automoción, que “observou como se realizan esas excarcelacións e esas manipulacións dos vehículos”, precisou Berdeal.
O XOVES, MÁIS
O vindeiro xoves haberá outra quenda, “con outro grupo de alumnos. Os que hoxe (por este luns) están en clase, seguindo as actividades normais, serán os que a realizarán”, indicou Berdeal.