IniciosociedadeBarreiros anuncia que rematou a redacción do PXOM, co que quere pasar...

Barreiros anuncia que rematou a redacción do PXOM, co que quere pasar páxina en urbanismo

O alcalde asegurou que o documento está "listo para a súa aprobación inicial" tralas eleccións municipais

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, asegurou este mércores que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello “está listo para a súa aprobación inicial”.

O primeiro edil barreirense fixo o anuncio do remate da redacción do proxecto coincidindo coa visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Fuente Parga aludiu ao fallo do Xulgado do Penal de Lugo que o absolveu a el, a cinco edís da corporación de 2006 e á arquitecta municipal de prevaricación urbanística, e ao que recorreu a asociación ecoloxista Adega.

“Estabamos pendentes da sentenza, pero seguimos traballando. No vindeiro mandato poderase facer a aprobación inicial, xa que agora entramos en campaña ata o 26 de maio”, asegurou.

Vázquez sinalou que o documento “dará seguridade xurídica a nivel urbanístico ás distintas actuacións que se poidan levar a cabo en Barreiros” e mostrou a disposición da Xunta de Galicia “para todo tipo de dúbidas e para axilizar ao máximo posible a aprobación do PXOM, dentro do que a lei nos ampara”.

A conselleira afirmou que os anos espera pola sentenza sobre o urbanismo no concello barreirense provocaron “unha parálise que non beneficiou a ninguén”. 

OBRAS EN REINANTE

Vázquez e Fuente Parga presentaron as obras de humanización na rúa Manuel Porteiro de San Miguel de Reinante e máis nos accesos ao colexio, que contarán cun investimento de 121.000 euros -88.000 no primeiro dos casos e 29.000 no segundo-.

As obras consistirán na renovación das redes de abastecemento e saneamento, ademais da colocación de novas baldosas, luminarias led e mobiliario urbán. A Xunta de Galicia achegará o 70% do orzamento das actuacións.

O rexedor barreirense afirmou que a obra “era moi necesaria” para a seguridade vial, sobre todo na contorna dos colexios, onde está o centro de saúde e o centro sociocultural”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...