IniciosociedadeO BNG de Barreiros acusa ao alcalde de "ocultar" o PXOM, que...

O BNG de Barreiros acusa ao alcalde de “ocultar” o PXOM, que “traerá problemas” á veciñanza

Os nacionalistas lembran que recibiron "evasivas" ás súas peticións de coñecer o documento e critican "o lavado de cara" a Fuente Parga por parte do PP, que antes "non aparecía por aquí"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros acusou este xoves de oscurantismo ao alcalde, Alfonso Fuente Parga, tralo anuncio do rexedor, nunha visita ao municipio da conselleira de medio ambiente, Ángeles Vázquez, de que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) está redactado “e listo para a súa aprobación inicial”.

A voceira dos nacionalistas e candidata ás vindeiras eleccións municipais, Ana Ermida, subliña que o BNG solicitou “en todos os plenos que se celebraron desde mediados do 2017 unha “reunión co equipo redactor do PXOM” para coñecer o documento e poder “explicarllo á xente”.

Ermida sinala que o único resultado foron “respostas evasivas” e argumenta que “o único documento que, hai mais de cinco anos, se fixo público só fóra explicado diante das veciñas e veciños polo BNG, mentres o PP trataba de ocultalo polo seu beneficio electoral”.

A candidata nacionalista argumenta que o feito de que “non van aprobar inicialmente o PXOM en campaña” amosa que o documento “xerará malestar e suporá problemas á veciñanza”.

“SÓ CAMBIA A SITUACIÓN DOS ABSOLTOS”

O grupo municipal frontista afea ao PP que “pretenda validar a xestión de Fuente nunha absolución nun xuízo penal”, que, lembra Ermida, “non adquiriu firmeza”.

Así, expón que “o fallo non valora a legalidade das licenzas ou o modelo urbanístico de Barreiros, senón se existía xeito de probar que as actuacións desas persoas fosen delictivas”.

Polo tanto”, sostén Ermida, a única situación que cambia é a das persoas xulgadas”.

“UTILIZAN AS INSTITUCIÓNS”

A voceira dos nacionalistas denuncia que “o PP e o que xa parece claro que será o seu candidato utilizan as institucións ao seu antollo” e están a facer “un lavado de cara a un goberno que arruínou Barreiros“.

Cargos da Xunta de Galicia pasean e anuncian investimentos cando levaban anos sen querer aparecer nin aquí nin co alcalde”, conclúe.

VÍA SAN COSME-TRABADA

Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou este xoves o cambio de titularidade, a prol do Concello de Barreiros, da vía LU-P-608, que conecta San Cosme e Trabada e que pertencía á Deputación de Lugo.

En concreto, o treito obxecto de modificación ubícase entre o punto quilométrico 0 -a intersección coa N-634– e o 860 -intersección coa LU-P-6103-.

A petición do goberno local barreirense desatou as críticas do BNG, que asegurou que a estrada se convertiría “nunha carga máis para Barreiros”.

a xunta aprobou o cambio de titularidade dun treito da LU-p-608 a prol do concello, o que criticou o bng

Daquela, Fuente Parga asegurou que o Concello solicitou a titularidade dese vial para facilitar o acceso ao parque eólico que vai poñer en marcha Norvento, xa que lle reportará uns ingresos de 30.000 euros anuais ás arcas municipais, e confirmou que “a propia firma” se encargará do arranxo.

A voceira do BNG preguntou “a cambio de que beneficio unha empresa privada fará as obras” e resaltou que “ese non é o xeito oportuno de xestionar os bens e diñeiro público”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...