O novo alumeado do campo anexo da Marosa gastará “un 30% menos”

A Deputación investiu 50.000 euros en 18 luminarias novas para o terreo de xogo de fútbol, onde xogan máis de cen deportistas

Pablo Rivera, Alfredo Llano, Ramiro Fernández, e Jaime Pérez, da director deportivo do club na Marosa. AXM

As novas luminarias do campo anexo da Marosa reducirán nun “30%” o gasto enerxético das instalacións deportivas. As luces existentes foron substituídas por outras de tecnoloxía LED nas que se investiron 50.000 euros.

A Deputación de Lugo financiou a renovación dos focos que, ademais da eficiencia, “melloraron a visibilidade” no campo de fútbol, onde adestran e xogan como locais os equipos da AFD Porto de Burela e da SD Burela. As dúas entidades suman máis dun cento de licenzas de xogadores das categorías de base e sénior.

Na visita ao campo para comprobar os traballos realizados, o deputado de Deportes, Pablo Rivera, acompañado polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro da área, Ramiro Fernández, subliñou que as actuacións responden “a unha demanda” por parte dos usuarios do campo e que conseguirán “potenciar a práctica deportiva”.

VESTIARIOS

O cambio do alumeado únese ás obras realizadas recentemente nos vestiarios, cunha achega de 100.000 euros por parte do executivo provincial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here