IniciosociedadeO Goberno sinalizará Alfoz e O Valadouro na A-8

O Goberno sinalizará Alfoz e O Valadouro na A-8

O desvío para as capitalidades, A Seara e Ferreira, anunciarase na saída 536 da autovía, xunto a Lourenzá e Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno incluirá a Alfoz e O Valadouro na sinalización da A-8. Así o apuntou a subdelegada do Executivo central, Isabel Rodríguez.

A subdelegada explicoulles a Jorge Val e Edmundo Maseda, os alcaldes alfocego e valadourense, que Fomento encargado o sinal que ubicará na saída 536 da autovía, e que incluirá os nomes de A Seara e Ferreira xunto cos de Lourenzá e Mondoñedo.

Rodríguez resalta que a sinalización, unha vella demanda dos dous municipios, “beneficiará sen dúbida a estes concellos da Mariña interior”.

ACORDOS PLENARIOS

As corporacións locais de Alfoz e O Valadouro adoptaron acordos plenarios en 2014 nos que facían esta reivindicación para acabar coa marxinación dos dous concellos na sinalización da A-8.

Segundo expuxo Rodríguez, “os seus alcaldes realizaran múltiples xestións con anterior Goberno, que nunca atendeu as súas peticións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...