Extinguido un lume no Vicedo que calcinou 25 hectáreas de monte arborado

O incendio orixinouse este domingo ao mediodía na parroquia de San Román de Vale

Imaxe de arquivo dun incendio en Ribadeo. YOUTUBE

A Consellería do Medio Rural informou de que o lume forestal rexistrado na parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo, está controlado.

O incendio orixionouse ás 13.09 horas do domingo e quedou extinguido ás 20.45 horas. Segundo as estimacións da Xunta de Galicia, afecta a unha superficie dunhas 25 hectáreas de monte arborado

Segundo expón o Goberno galego, esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada.

OPERATIVO

Na extinción deste incendio están a traballar un técnico, un axente, sete brigadas, cinco motobombas e un helicóptero.

TELÉFONO DE BALDE

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de Twitter @incendios085.

OUTRO INCENDIO EN CASTROPOL

Castropol foi unha das máis de vinte localidades asturianas que padeceron algún lume, contabilizándose máis de 60, o que obrigou a actuar á Unidade Militar de Emerxencias (UME).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here