A costa das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra continuará este luns en alerta laranxa por ondas que poderían superar os cinco metros ata media tarde, e con aviso amarelo por fortes ventos na Mariña Lucense.
Segundo recolle a predición de Meteogalicia, ata media tarde, as ondas situaranse entre os cinco e os sete metros, con ventos do mar de suroeste que oscilarán entre forza 7 e 8.
CHOIVAS OCASIONAIS
Non se descartan algunhas choivas ocasionais en Galicia, e mesmo en puntos dispersos da meseta norte, durante a mañá. Podes consultar a información completa no Galicia Confidencial.