IniciosociedadeA Xunta compromete a creación dunha residencia de menores en Mondoñedo

A Xunta compromete a creación dunha residencia de menores en Mondoñedo

O servizo contaría con 15 prazas, segundo afirmou a alcaldesa mindoniense

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou o pasado luns que a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, se comprometeu á creación dunha residencia para nenos e adolescentes que se atopan en situación de desprotección

Segundo explicou a rexedora a través dun comunicado de prensa, o servizo contará con 15 prazas, aínda que non se especifican orzamentos nin prazos para a creación do centro residencial. 

ATENCIÓN TEMPERA

Mondoñedo conta cunha Unidade de Atención Temperá que presta servizo tanto a este concello como aos veciños de Abadín, A Pastoriza, Riotorto e Trabada.

Nesta unidade aténdese a 16 familias de nenas e nenos de cero a seis anos con problemas de desenvolvemento ou risco de padecelos.

AXUDA NO FOGAR

O Executivo autonómico aumentou nun 10% as horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición do Concello, que superan as 21.000.

Así, segundo o goberno local, na vila de Mondoñedo estanse a empregar a día de hoxe a práctica totalidade das horas de SAF asignadas polo Goberno galego, como consecuencia do cal non hai lista de agarda e 56 persoas dependentes reciben coidados profesionais nos seus fogares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...