IniciosociedadeO PP de Ribadeo esixe ao concello que "invista" no abastecemento de...

O PP de Ribadeo esixe ao concello que “invista” no abastecemento de auga

Os conservadores acusan ao goberno local de "non poñer nada da súa parte" para "resolver" os problemas coa captación en Lexoso e Vilarbetote

Publicada o

- Advertisement -

O sistema de abastecemento de auga segue no centro do debate político en Ribadeo. Tras a polémica suscitada polo vertido de lixiviados que afectou á traída a pasada semana, o Partido Popular (PP) esixe ao Concello “investimentos” no sistema de subministro do municipio.

O candidato conservador á alcaldía, Daniel Vega, responsabilizou ao goberno local de “non buscar outras posibles captacións” para “resolver a problemática de Lexoso“.

O voceiro popular acusou ao goberno municipal de non “concretar”  as medidas que, segundo dixo, Augas de Galicia propuxo ao concello.

ROTURAS EN VILARBETOTE

Vega tamén criticou a actuación do executivo local ante as “roturas da tubaxe de fibrocemento” da acometida de Vilarbetote, que se reiteraron durante o verán pasado e que motivaron que o Concello urxira á Xunta de Galicia a licitar as obras de substitución da infraestrutura.

O alcaldable acusou ao rexedor ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, de “non poñer nada da súa parte” para resolver o problema “durante doce anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...