O temporal de vento e choiva que afecta este martes a Galicia deixou ventos de case 150 quilómetros por hora en Viveiro.
Segundo os rexistros de Meteogalicia, o refacho de vento máis forte entre os rexistrados na tarde deste martes na comunidade foi no municipio viveirense, con 149,3 quilómetros por hora.
Ademais da máxima rexistrada en Viveiro, o vento soprou con forza noutros lugares da comunidade: así, Carballeda de Valdeorras rexistrou unha velocidade de 122 quilómetros por hora, polos 120 de Lousame e os 117 de Carnota e Vimianzo.
Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.