Tres pastelerías de Foz fan galletas solidarias

Amarena, Anduriña e Xoyma colaboran coa campaña dos comerciantes focegos e a AECC

Presentación da campaña. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O Centro Comercial Aberto de Foz e a Asociación Española de Loita Contra o Cancro (AECC) unirán forzas nunha campaña chamada ‘Colabora Dulcemente‘. Tres pastelerías do municipio –Amarena, Anduriña e Xoyma– porán á venda galletas solidarias ao prezo de dous euros, co obxectivo de recadar fondos para a delegación local da AECC.

A campaña foi presentada hoxe por Ángeles Piñeiro, de Xoyma; Ángeles Casas, de Amarena; Moncho Castro, de Anduriña; e Toñita García Fra, presidenta da AECC de Foz.

O CCA de Foz fai unha chamada á solidariedade e á colaboración con esta causa, xa que “calquera de nós pode precisar da axuda da AECC nalgún momento”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here