IniciosociedadeO comercio de Viveiro libera stock con descontos de ata o 80%

O comercio de Viveiro libera stock con descontos de ata o 80%

Un total de 38 negocios participarán na campaña do CCHV, de xoves a sábado

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha desde este xoves ata o sábado 9 de marzo a campaña Fora Stocks, que ofrecerá descontos de ata o 80%.

Un total de 38 negocios do casco viveirense participarán na iniciativa, que converterá a fin de semana en rebaixas.

Participan locais de moda, calzado e complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica, telefonía e floristerías.

PARTICIPANTES

Participan Confecciones Justo Vázquez, Oxígeno Surf, Madrás, Van Surf Shop, Jonathans, Van Surf Sneakers, Las Fidalgas, Piti Deportes, Roupa, Deportes Don Balón, Esprit, Podium Sport, El Faro, Albo Sneekers, Dandara, Calzados Albo, Fontana, Albo Zapaterías, Keweë, Vogue, Kerale Moda e Tacones.

Tamén Rockids, Platax, Kody Kids, Joyería Paleo, Complementos Sulian, Grafity, Lencería Canela, Óptica Rosario, Nacar, Mobiltom, Mercería A Bolboreta, Gómez Travieso Floristería, Regal Fontenova, Raquel Seijido, La Tienda de Aradia e Muebles Iglesias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...